A nosa peña, a nosa paixón.
Marexada Celeste é unha peña celtista de Vigo fundada en 2006. Un espazo para compartir a paixón polo Celta, a amizade e o orgullo celeste.
O celeste lévase dentro.
Hai sentimentos que non precisan explicación. O noso é o Celta: unha paixón que se comparte nas alegrías, nos nervios, nas viaxes e en cada partido.
Afouteza e corazón. Sempre.

Unha historia de amizade e paixón polo Celta desde 2006
A Peña Marexada Celeste naceu en 2006 da man dun grupo de amigos universitarios unidos pola súa paixón polo Real Club Celta de Vigo. Desde o principio tivemos claro que ser celtista era moito máis ca animar en Balaídos: era compartir viaxes, aventuras e risas, e acompañar o noso equipo alí onde xogase.

Os primeiros desprazamentos
Un dos primeiros grandes desprazamentos foi a Pamplona, xa como peña oficial do Celta. Entre disfraces, cánticos e moito sentido do humor, comezamos a construír unha historia marcada pola amizade e o orgullo de defender as nosas cores. Ver a galería →

Newcastle: o celeste cruza fronteiras
A aventura levounos tamén a Newcastle, na nosa primeira viaxe europea, demostrando que o sentimento celeste non entende de fronteiras. Foron anos inesquecibles nos que compartimos quilómetros, emocións e experiencias que permanecerán sempre na nosa memoria.
Un paréntese, non un final
Despois da tempada 2008-2009, os estudos, os novos camiños persoais e a marcha dalgúns integrantes ao estranxeiro deixaron a actividade da peña en pausa. Pero a amizade e o celtismo nunca desapareceron.

O regreso: Marexada volve
En 2025, antigos integrantes impulsaron a recuperación oficial de Marexada Celeste, abrindo unha nova etapa. O noso regreso ao Santiago Bernabéu simbolizou á perfección esta volta: reencontrarnos, recuperar a ilusión e demostrar que hai historias que nunca rematan.
Máis de 200 peñistas
Hoxe, en 2026, celebramos con orgullo un novo fito: xa superamos os 200 peñistas. Vinte anos despois da nosa fundación, seguimos medrando e mantendo viva a paixón que nos uniu desde o primeiro día.
Porque Marexada Celeste nunca foi só unha peña de fútbol. É unha familia de amigos, unha maneira de vivir o celtismo e unha historia que segue escribíndose con cada nova viaxe.
Sempre Celta! Sempre Marexada Celeste!
Ser socio/a é vivir o Celta de verdade.
O celtismo vívese mellor en compañía. Con Marexada Celeste tes unha familia celeste que te acompaña en Balaídos e alí onde xogue o Celta, e vantaxes pensadas para quen sente estas cores.
Beneficios de ser socio/a de Marexada Celeste
- 🎉Eventos do 20.º aniversarioForma parte dos eventos da peña durante o noso 20.º aniversario.
- 🎟️Prioridade en entradas de visitantePrioridade na compra de entradas para visitantes.
- 🤝Xestión de entradas pola peñaNos ocupamos da xestión da compra das entradas para visitantes.
- 🛍️Descontos no merchandisingDescontos exclusivos nos produtos de merchandising da peña.
- 🎁Sorteos toda a tempadaSorteos durante toda a tempada.
- 🚌Viaxes organizadosViaxes organizados a dous partidos fóra de casa.
- ⚽Porra semanal con premioPorra semanal con regalo para o gañador.
- 🏆Liga Biwenger Marexada CelesteLiga propia en Biwenger con premio para o vencedor.
- ✨E moitas sorpresas máisIremos anunciando novidades durante toda a tempada.
Únete á nosa familia celeste
Rechea o formulario de inscrición e xa formas parte de Marexada Celeste.
