Última actualización: outubro de 2026.
1. Responsable do tratamento
Responsable: Marexada Celeste · NIF/CIF: G75735563 · Domicilio: Rúa Aragón 97, 1º C, 36201 Vigo (Pontevedra) · Correo: marexadaceleste2006@gmail.com · Teléfono: 623 785 394.
2. Que datos tratamos
Esta web non recolle directamente datos persoais. Só tratamos datos persoais cando nos contactas voluntariamente ou cando completas o formulario de inscrición de socios/as, que está aloxado en Google Forms:
- Formulario de inscrición (Google Forms): os datos que se soliciten no propio formulario para xestionar a túa alta como socio/a da peña.
- WhatsApp: o teu número de teléfono, nome de perfil e o contido das mensaxes que nos envíes.
- Instagram: os datos do teu perfil público e as mensaxes que nos envíes.
- Teléfono ou correo: os datos que nos facilites na chamada ou mensaxe.
3. Finalidade e lexitimación
- Finalidade: atender a túa consulta, xestionar a túa inscrición como socio/a, informarte das actividades, quedadas e desprazamentos da peña e xestionar a túa participación.
- Base xurídica: o teu consentimento ao contactar connosco (art. 6.1.a RGPD) e, de ser o caso, a execución de medidas precontractuais ou a túa relación coa peña (art. 6.1.b RGPD).
4. Conservación
Conservaremos os datos durante o tempo necesario para atender a túa solicitude e, despois, mentres poidan derivarse responsabilidades legais. Se deixas de participar na peña, poderemos eliminar os teus datos a petición túa.
5. Destinatarios e transferencias
Non cedemos datos a terceiros salvo obriga legal. Ao usar Google Forms (Google), WhatsApp (Meta Platforms) ou Instagram (Meta Platforms) tes que ter en conta as súas propias políticas de privacidade, que poden implicar transferencias internacionais de datos baixo as garantías que esas empresas establezan.
Ademais, ao cargar o calendario de partidos o teu navegador conéctase a TheSportsDB, que pode recibir datos técnicos como o teu enderezo IP e o tipo de navegador, igual que ocorre con calquera páxina que carga contido externo.
6. Os teus dereitos
Podes exercer os dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación do tratamento, portabilidade e retirada do consentimento escribindo a marexadaceleste2006@gmail.com, indicando o teu nome e o dereito que queres exercer. Se consideras que non atendemos debidamente a túa solicitude, podes presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos (www.aepd.es).
7. Menores
Se es menor de 14 anos, necesitas o consentimento do teu pai, nai ou titor/a legal para facilitarnos datos persoais.
8. Cambios nesta política
Podemos actualizar esta política para adaptala a cambios legais ou do sitio. A data da última actualización figura na parte superior.
