Afouteza e corazón · Forza Celta!Queres formar parte da peña? FAITE SOCIO/A ↗
Escudo de Marexada CelesteMarexada CelestePeña celtista · Dende 2006
Quen somos

A nosa peña, a nosa paixón.

Marexada Celeste é unha peña celtista de Vigo fundada en 2006. Un espazo para compartir a paixón polo Celta, a amizade e o orgullo celeste.

Vigo · Dende 2006

O celeste lévase dentro.

Hai sentimentos que non precisan explicación. O noso é o Celta: unha paixón que se comparte nas alegrías, nos nervios, nas viaxes e en cada partido.

Afouteza e corazón. Sempre.

Escudo de Marexada Celeste
A nosa historia

Unha historia de amizade e paixón polo Celta desde 2006

A Peña Marexada Celeste naceu en 2006 da man dun grupo de amigos universitarios unidos pola súa paixón polo Real Club Celta de Vigo. Desde o principio tivemos claro que ser celtista era moito máis ca animar en Balaídos: era compartir viaxes, aventuras e risas, e acompañar o noso equipo alí onde xogase.

2006Ano de fundación
2025Recuperación oficial
+200Peñistas en 2026
Integrantes da peña con cornos de vikingo, perrucas azuis e a bandeira do Celta en Pamplona
Pamplona. O primeiro gran desprazamento como peña oficial do Celta.
2006 · 2007

Os primeiros desprazamentos

Un dos primeiros grandes desprazamentos foi a Pamplona, xa como peña oficial do Celta. Entre disfraces, cánticos e moito sentido do humor, comezamos a construír unha historia marcada pola amizade e o orgullo de defender as nosas cores. Ver a galería →

Peñistas de Marexada Celeste co pancarta da peña nas gradas de Newcastle
Newcastle. A nosa primeira viaxe europea, coa pancarta da peña nas bancadas.
Europa

Newcastle: o celeste cruza fronteiras

A aventura levounos tamén a Newcastle, na nosa primeira viaxe europea, demostrando que o sentimento celeste non entende de fronteiras. Foron anos inesquecibles nos que compartimos quilómetros, emocións e experiencias que permanecerán sempre na nosa memoria.

2008 · 2009

Un paréntese, non un final

Despois da tempada 2008-2009, os estudos, os novos camiños persoais e a marcha dalgúns integrantes ao estranxeiro deixaron a actividade da peña en pausa. Pero a amizade e o celtismo nunca desapareceron.

Pancarta de Marexada Celeste desplegada nas bancadas do Santiago Bernabéu
Santiago Bernabéu. A viaxe da recuperación: Marexada Celeste volve ás bancadas.
2025

O regreso: Marexada volve

En 2025, antigos integrantes impulsaron a recuperación oficial de Marexada Celeste, abrindo unha nova etapa. O noso regreso ao Santiago Bernabéu simbolizou á perfección esta volta: reencontrarnos, recuperar a ilusión e demostrar que hai historias que nunca rematan.

2026

Máis de 200 peñistas

Hoxe, en 2026, celebramos con orgullo un novo fito: xa superamos os 200 peñistas. Vinte anos despois da nosa fundación, seguimos medrando e mantendo viva a paixón que nos uniu desde o primeiro día.

Porque Marexada Celeste nunca foi só unha peña de fútbol. É unha familia de amigos, unha maneira de vivir o celtismo e unha historia que segue escribíndose con cada nova viaxe.

Desde 2006, unha mesma paixón.
Sempre Celta! Sempre Marexada Celeste!
Por que Marexada Celeste

Ser socio/a é vivir o Celta de verdade.

O celtismo vívese mellor en compañía. Con Marexada Celeste tes unha familia celeste que te acompaña en Balaídos e alí onde xogue o Celta, e vantaxes pensadas para quen sente estas cores.

Celtismo en compañíaAmizade e ambiente celeste en cada partido.
Alí onde vai o CeltaViaxes e desprazamentos organizados pola peña.
20 anos de historiaUnha peña con raíces, desde 2006.
Máis de 200 peñistasUnha comunidade que segue medrando.

Beneficios de ser socio/a de Marexada Celeste

  • 🎉
    Eventos do 20.º aniversarioForma parte dos eventos da peña durante o noso 20.º aniversario.
  • 🎟️
    Prioridade en entradas de visitantePrioridade na compra de entradas para visitantes.
  • 🤝
    Xestión de entradas pola peñaNos ocupamos da xestión da compra das entradas para visitantes.
  • 🛍️
    Descontos no merchandisingDescontos exclusivos nos produtos de merchandising da peña.
  • 🎁
    Sorteos toda a tempadaSorteos durante toda a tempada.
  • 🚌
    Viaxes organizadosViaxes organizados a dous partidos fóra de casa.
  • ⚽
    Porra semanal con premioPorra semanal con regalo para o gañador.
  • 🏆
    Liga Biwenger Marexada CelesteLiga propia en Biwenger con premio para o vencedor.
  • ✨
    E moitas sorpresas máisIremos anunciando novidades durante toda a tempada.

Únete á nosa familia celeste

Rechea o formulario de inscrición e xa formas parte de Marexada Celeste.