
Faíte abonado/a de Marexada Celeste para a tempada 2026/27!
Celebramos o noso 20.º aniversario e queremos seguir medrando contigo! Forma parte de Marexada Celeste e vive unha nova tempada chea de ilusión, actividades e vantaxes exclusivas para a nosa xente.
Abónate a Marexada Celeste
Vantaxes de ser abonado/a
Ser parte de Marexada Celeste ten moitas vantaxes:
- Prioridade na compra de entradas para os partidos como visitante.
- Xestión da compra de entradas para os desprazamentos.
- Descontos en merchandising.
- Sorteos ao longo de toda a tempada.
- Dúas viaxes organizadas para partidos fóra da casa.
- Porra semanal con agasallo para a persoa gañadora.
- Biwenger Marexada Celeste, con premio para quen quede en primeira posición.
- Máis actividades e sorpresas que iremos anunciando durante a tempada.
Dúbidas e consultas
Para calquera dúbida ou consulta, podes contactar connosco a través das seguintes canles:
- WhatsApp: +34 623 78 53 94
- Correo electrónico: marexadaceleste2006@gmail.com
- Instagram: @marexadaceleste
Ti tamén es parte desta historia! Levamos 20 anos compartindo paixón, amizade e sentimento celeste. Nesta tempada 2026/27 queremos seguir contando contigo para vivir novas experiencias e facer medrar a familia de Marexada Celeste. Únete a nós e vive o celeste con máis forza ca nunca!
